← Table of contents
Parnaso portuguez moderno

PARTE III OS LYRICOS GALLEGOS

Reading edition

Airiños, airiños, aires, Airiños da miña terra; Airiños, airiños, aires, Airiños, leváime a ella. Cant. pop. Sin ela vivir non podo, Non podo vivir contenta, Qu'á donde queira que vaya, Cróbeme unha sombra espesa. Cróbeme unha espesa nube Tal preñada de tormentas, Tal de soidás preñada, Qu'á minha vida envenena. Leváime, leváime airiños, Com'unha folliña seca, Que seca tamen me puxo A callentura que queima. Ay! si non me levás pronto, Airiños da miña terra; Si non me levás, airiños, Quiçaes xa non me conesan Qu'a frebe que de min come, Vaime consumindo lenta, E no meu corazonsiño Tamen traidora se ceiba. Fun n'outro tempo encarnada Com'á color de sireixa, Son oxe descolorida Com'os cirios das igrexas, Cal si unha meiga chuchona A miña sangre bebera: Vou-me quedando muchiña, Com'unha rosa qu'inverna, Vóume sin forzas quedando, Vóume quedando morena, Cal unha mouriña moura Filla de moura ralea Leváime, leváime, airiños, Leváime á donde m'esperan Unha nay que por min chora Un pay que sin min n'alenta, Un hirman por quen daria A sangre das miñas venas, E un amoriño á quen alma E vida lle promettera. Si pronto non me levades, Ay morrerei de tristeza, Soya n'unha terra extraña, Dond'extraña m'alumean, Donde todo canto miro Todo me dic'; extranxeira! Ay, miña pobre casiña! Ay, miña vaca bermella! Años, que valás nos montes, Pombas, qu'arrulás nas eiras, Mozos, qu'atruxás bailando, Redobre d'as castañetas, Xás-co-rras-chás das cunchiñas, Xurre-xurre d'as pandeiras, Tambor do tamborileiro, Gaitiña, gaita gallega, Xa non m'alegras dicindo: Muiñera! muiñera! Ay quen fora paxariño De leves alas ligeiras! Ay con que prisa voara Toliña de tan contenta, Para cantar á alborada Nos campos da miña terra! Agora mesmo partira, Partira com'unha frecha, Sin medo as sombras da noite, Sin medo da noite negra. E que chovera ou ventara, E que ventara ou chovera, Voaria, e voaria Hastra qu'alcanse á vela. Pero non son passariño E irey morrendo de pena, Xa en lagrimas convertida, Xa en suspiriños desfeita. Doces galleguiños aires, Quitadoiriños de penas. Encantadores d'as auguas, Amantes d'as arboredas, Musica dás verdes canas Do millo d'as nossas veigas, Alegres compañeirinos, Run-run de tódalas festas, Leváime nas vosas alas, Com'unha folliña seca, Non permittás qu'aqui morra, Airiños da miña terra, Qu'ainda penso, que de morta, Eide sospirar por ela. Ainda penso, airiños, aires, Que dimpois que morta sea, E aló pólo composanto, Dond'enterrada me teñam, Pasés na calada noite Runxindo antr'á folla seca, Ou murmuxando medrosos Antr'as broncas calaveras, Inda dimpois de mortiña Airiños da miña terra, Éivos de berrar: ¡Airiños, Airiños, leváime á ela! D. Rosalia Castro de Murguia, Cantares gallegos, p. 87. Madrid, 1872.

CANTAR GALLEGO

Acolá enriba Na fresca montaña, Qu'alegre se crobe, De verde retama, Meniña morena De branco vestida, Nubiña parece No monte perdida. Que xira, que corre, Que torna, que passa, Que rola, e mainiña Serena se para. Xa embolta se mira N'espuma que salta, Do chorro que ferve Na rouca cascada. Xa erguida na punta De pena sombrisa Immoble cál virxe De pedra se mira. A cofia de liño A os ventos voltada As trenzas descoida Qu'os aires espalhan; Tendídal-as puntas Do pano de seda, As alas d'un anxel De lonxe semellan. Si as brisas da tarde Xogando con elas As moven ca gracia Qu'un angel tivera. Eu penso ¡coitado De min! que me chaman, Si as vexo bulindo Na verde enramada; Mas ay, qu'os meus ollos M'engañam traidores, Pois von, e lixeira Na niebra s'esconde; S'esconde outras veces Na sombra dos pinos E cant'escondida Cantares dulciños, Qu'abrasan, que firen, Ferida d'amor Que teño feitinha No meu corazon. Que feita, que linda, Que fresca, que branca. Deu Dios á meniña Da verde montaña! Qu'hermosa parece, Que chore, que xima! Cantando, sorrindo, Disperta, dormida! Ay, si seu pay Por regalo ma dera, Ay, non sentira No mundo mais penas! Ay, que por tela, Commigo por dama Eu llá vestira, Eu llá calzara. D. Rosalia Castro de Murguia, Cantares gallegos, p. 75.

Cantan os galos pr'ó dia, Érguete, meu ben, e vaite, —Como m'ei d'ir, queridiña, Como m'ei d'ir e deixarte. —D'eses teus olliños negros Como doas relumbrantes, Hastr'as nosas maus unidas As vagoas ardentes caen. ¿Como m'ei d'ir si te quero? Como m'ei d'ir e deixarte, Si cá lengua me desvotas, E có coraçon me atraes? N'un corruncho do teu leito Carinhosa m' abrigaches; Có teu manso caloriño Os frios pés me quentastes; E d'aqui xuntos miramos Por antr' ó verde ramaxe, Cal iba correndo á lua Por enriba dos pinares. ¿Como queres que te deixe, Como que de ti m' aparte, Si mais qu' á mel eres dulce, E mais qu'as froles soave? «Meiguiño, meiguiño meigo, Meigo que me namoraste, Baite d' onda min meiguinho Antes qu'ó sol se levante. —Ainda dorme, queridiña, Antr' as ondiñas do mare, Dorme por que m' acariñes E por qu' amante me chames, Que sol' onda tí, meniña, Pódo contento folgare. «Xa cantam os paxariños, Érguete, meu ben, qu' é tarde. —Deixa que canten, Marica, Marica, deixa que canten... Si tí sintes que me vaya, Eu relouco por quedarme. «Conmigo, meu queridiño Mitá dá noite pasaches. —Mais en tanto ti dormias Contenteime con mirarte, Qu' asi sorind' entre soños Coidaba qu' eras un anxel, E non con tanta pureza O pé d' un anxel velase. «Asi te quero, meu ben, Com' un santo dos altares, Mais fuxe... qu' ó sol dourado Por riba dos montes saye.» —Irey, mais dame un biquiño Antes que de ti m' aparte; Qu' eses labiños de rosa Inda non sei como saben. «Con mil amores chó dera, Mais teño que confesarme, E moita vergonza fora Ter un pecado tan grande.» —Pois confesate, Marica, Que cando casar nos casen, Non ch' han de valer, meniña, Nin confesores, nin frades. Adios, cariña de rosa! «Raparigo, Dios te garde,» D. Rosalia Castro de Murguia, Cantares gallegos, pag. 21.

Un repoludo gaitero De pano sédan vestido, Com' un principe cumprido, Cariñoso e falangueiro, Antr' os mozos o pirmeiro E nas siudades sin par, Tiña costum' en cantar Aló po la mañanciña: Con esta miña gaitiña As nenas ei d' enganar. Sempre pó la vila entraba Con aquel de señorio, Sempre con poxante brío Co tambor s' acompasaba: E si na gaita sopraba, Era tan doçe soprar, Que ven fixera en cantar Aló po la mañanciña: Con esta miña gaitiña As nenas ei d'enganar. Todas por él reloucaban, Todas por él se morrian, S' o tiñam cerca, sorrian, S' ó tiñam lonxe, choraban: Mal pecado! non coidaban, Que c' aquel seu frolear Tiña costum' encantar Aló pó-la mañanciña: Con esta miña gaitiña As nenas ei d' enganar. Camiño da romeria, Debaixo d'unha figueira, Canta menina solteira ¡Querote! lle repetia... Y él c' á gaita respondia Por á todas envoucar, Pois ven fixeira en cantar Aló pó-la mañanciña: Con esta miña gaitiña As nenas ei d' enganar. Elas louquiñas bailaban E por xunta d' el corrian, Cegas... cegas que non vian As espiñas qu' as cercaban; Probes palomas buscaban A luz qu' as iba queimar, Pois qu' el soupera cantar Aló pó-la mañanciña, Ó son da miña gaitiña As nenas ei d' enganar. ¡Nás festas, canto contento! ¡Canta risa nas fiadas! Todas, todas namoradas Deranll' ó seu pensamento; Y él que d'amores sedento Quixo á todas enganar, Cand'as veu dimpois chorar Cantaba nas mañanciñas, Non sean elas toliñas Non veñan ô meu tocar. D. Rosalia Castro de Murguia, Cantares gallegos, p. 47.

O DESCONSOLO

D'esta fontiña á beira froleada Sentado á sombra d'un choron estou Doido o peito, a alma esconsolada, Triste morrendo pouco á pouco vou. Desde qu'a negra morte aquella prenda Que tanto quixen me arrancou sin dor, Solás non acho en nada, e solta renda, A pena, choro o meu perdido amor. Quen o diria! tão garrida e nova, Doce cal rula, e branca cal xasmin, Tan cedo habias de baixar á cova, Piedade, céos, ay, piedá de min. Solo quedei no mundo, solo, solo, Qu'ei de facer?... chorar e mais chorar! E qu'ainda te vexo no meu colo, Sabeliña, querida, maxinar. Xa non iremos mais polas roleiras En compaña amorosa ás moras, non; Nin baixo das follosas ameneiras As coitas che direi do corazon. Cantas veces da auga d'esta fonte Che dice, mina vidiña, pola mao! Cantas os dous deixabamos o monte, Por tomar aqui o fresco, aló no brau. E nas tardes de outono... ¡non te acordas... Mais ¿que digo acordar? si te perdin? Partenseme, ay do corazon as cordas Penso qu'ainda aqui estás... louco de min! N'outono... pois con alegria moita Nos ibamos ó longo castañal, E a rebaladas eu guindabava froita Mentras ti regalabas meu cantar E tamen cando... ¿pero á que memoria Fago de tempo aquel? ay! calarei! Mirame, Sabeliña, desde a groria; Por ti de cote triste chorarei. Alberto Camino, ap. Trovas e Cantares, p. 329.

O ALALALAA

Si é que escoitades cando ó sol morre, Cando á ovelliña no monte bala, Un canto tenro, vago e subrime Que commovida vos deixa a yalma; Un canto brando pero queixoso Que de pasados recordos fala, E o mellor canto da nossa terra, E o alalalaa. Cántan-o as mozas que o gando coidan, Cántan-o os homes que os eidos labran, Cantando os nenos que san da escola Van isa cántiga... ¡Ay que feitizos eiqui en Galicia Ten ó alalalaa...! Cand'os gallegos morren de coitas Entr'os misteiros d' as suas montanas, Entoan ó canto con moita forza, Y-enton semellan, nas enramadas, Ises gorxeos dos roulsinores Cando saudan á lus da yalba, Ises murmuxos que ten-o rio, Ises concertos que fan as auras... Dempois qu' o entoan con moita forza Con toda a forza da sua yalma, Van-o baixando pouquiño a pouco Hastra que logo na gorxa esmaya, Como unha queixa que leva o vento, Cal un sospiro qu'o peito garda. ¡Ay! non m' esquenzen d' aquella tarde As oxe mortas legrias santas, Cando eu ouvia por ves primeira, Aló no monte, lonxe, o alalalaa!... ¿Qué canto e ise?—eu perguntéille A unha garrida xóven aldeana Qu' un feixe d' erba, na sua cabeza Chea de negros rizos, levaba,— Y ela miróume co aquilos ollos Qu' a duas estrellas s' assemellaban, E co-a sonrisa nos roxos lábios, Asina dixo con moita gracia: «A cantiguiña qu' astra nos chega Conmovedora, doida, branda, E o feitizo d'istas ribeiras, A compañeira da nossa yalma, E o consolo das penas fondas, O pano limpo que enxuga as vágoas, O millor canto da nossa terra, E o alalalaa!... O meu cortexo veira da fonte, E n' unha noite de lua crara, Vendo que estaba cantando, estraida, Sonando amores, un alalalaa... Díxome logo qu' enchin á ola E cando ó pobo m' encamiñaba: —«Por Dios che rogo que cando estemos Os dous soliños, miña Mariana, Si é que non queres me volva tolo, Non mais entoes ise alalalaa...; Seica che deron iman as meigas, Seica che deron sua voz as fadas; Tí fasme dano, si é que me queres Miña xoiña, non cantes, cala.—» ¡Meu Dios! ¿qu' estrano é que se volvan Loucas d'amores as aldeanas, Si ti puxeches no chao gallego As melodias d' un alalalaa?... Ise lenguaxe do sentimento, Isa amorosa doida cántiga, Forte ó comenzo, tenra no tono, E lastimeira, cando s' apaga: E necesairo non ter no peito Un sentimento nobre, nin alma Pra que indifrente pódea escoitar-se Aló nas noites de lua crara Nista adourada bendita terra, Un alalalaa... Cando se queixan os paxariños, Cando murmuxan as frescas augas, Cando os prefumes do val s' esparxen, Cando sospiran as ledas auras, E cando as tristes campás d'a irexia Dobran ás animas, ¡Ay! que feitizos eiqui en Galicia Ten o alalalaa... Valentin L. Carvajal, Espiñas, follas e frores, p. 5. Ourense, 1876.

DOORA

Unha nena abouraba ó seu cortexo, C'o ardente anhelo d'o primeiro amor: Na ansiedá d'os seus prácidos ensonos Falando á solas, con amante voz Decía: «¡Quen me dera pr'adouralo, Ter moitos..., pêro moitos curazós!» Amou constante e foi correspondida; Ela siguiu amando, il, olvidou: Cando sola se viu, cando perdera A fé sagrada d'o primeiro amor, Escramaba entre vágoas e sospiros; «¡Quen poidera vivir sem curazon!» Valentin L. Carvajal, Espiñas, follas e frores, p. 14.

Á CARTA D' A GUERRA

Unha probiña xente d'unha aldea, Sempre agardando carta d'un rapaz Que camiñou para a guerra, vindo as noites, Xa non fay outra cousa que chorar. Os coitadiños pensan que chorando Danll'a xoya que garda ó seu amor Ises consolos tenros que non teñem Os que levan ferido o curazon. Chega por fin ó cobizado dia, Ven o carteiro, dálles o papel, E sin perda de tempo, todos xuntos As sospiradas letras van leer: «Meus quiridiños pais: fólgome moito Si vostedes s'atopan oxe bos Cal desexo para min, (comenza asina, Di asina ó primeiro ringuilon.) Saberán que n'a guerra d'as Provincias Non hay mais que roinas e door E mortos, xa se ve unhos e outros. Vão sementando a morte c'os cañós. (Chegando eiquí, á nai toda afrixida A leutura d'a carta fay parar; Dinlle que cale..., ¡Pero quen afoga Os tristes sentimentos d'unha nay!) Siguen leendo: «Cando camiñamos Xa de dia ou de noute, sempre vou C'o pensamento n'isa pobre aldea Ond'a miña frorida edá pasou; Os soutos que no vrao lle prestan sombra, Seus regatos e montes vexo eiquí, Os ecos d'as campás d'aquela Igresia, Tránm'os ventos da terra onde nacin. Meus queridiños pais... ¡con que lenguaxe Os recordos me veñen á falar D'unhas cousas que falan d'outras cousas Que non podo nin sei adiviñar! ....................................... Meus quiridiños pais, si é que m'esquece D'escribirlle á Sabela de Pitin, Díganlle que me queira é non me deixe, Díganlle que me queira é non me deixe, Que viva e teña amor soilo pra min. ¡Ay! aldeiña... ¡Cantas veces poño En ti o pensamento e curazon..., Eydos, montes e soutos de Caldelas, Lonxe de vos, eu morro de door! Adios, quiridos pais, que teño presa; Si poidera subir á xeneral, Cantas cousas lies dera o seu filliño C'oxe, coitado d'il, non pode dar. Adios, quiridos páis, hast'outro dia, A cantos lle pergunten que é de min, Diganlle qu'estou bó, denlle recordos, Canto queiran vostés ¡Adios!—Xoaquin.» (Unha carta d'a guerra, ó un tesouro Pr'a coitada xentiña d'o rapaz, Carta que dempois leen os veciños, O maestro y-o crego d'o lugar.) Valentin L. Carvajal, Espinas, follas e frores, p. 30.

¡QUEN POIDERA CHORAR!

Eu, chorei sendo neno, moitas veces; Pranto de pelras aquil pranto foi: Tiña forza n'os ollos, mais non tiña forza n'o curazon. Chorei dempois cando xa feito home Loitaba c'os delirios d'a pasion, Y-os meus ollos souperon o que eran As vágoas de door. Logo mais tarde, cando as penas fondas Deixáronme sin grorias nin pracer, Eu cobizei chorar, pero non tiven Mais que vágoas de fél. As mortas illusiós, os desenganos Consumiron a yalma c'o pesar; Pidínll'os ollos vágoas ¡ay coitado, Xa non puden chorar! Pranto dichoso, fonte de consolo, Xa pr'a min as tuas augas non virán: Cando c'os anos pérdense as legrias, ¡Quén poidera chorar! Valentin L. Carvajal, Espinas, follas e frores, p. 37.

DOORA

Dis que queres vivir pra gozar moito; ¡Ay probe nena! xuzgas que o pracer D'os teus primeiros xuveniles anos, Eterno pode ser; Hoxe vives no ceo, eres un ánxel, Sobre frores camiñam os teus pés; Mañan..., cando non vexas mais qu'espiñas, Cobizarás morrer. Valentin L. Carvajal, Espinas, follas e frores, p. 60.

PRELUDIO

(Trad. do Castelhano)

O meu corazon soíño ê morada de cantares; nel agarimados viven coma no seu niño as aves; É cando a dôr os desperte, ou cando pracer os chame, encherán de sons alegres ou do tristesiña os aires. A guitarriña qu'eu toco sente como unha persona; unhas veces canta é rïe, outras veces xime e chora. A côr d'o teu rosto, nena, ê coma noite de lua, é a mata d'os teus cabelos o mesmo que noite escura. Cando á veiriña d'o rio lavas os teus pes de rosa, tembran d'amor as auguiñas, sospira o vento antr'as follas. Os cravos qu'en pes é mans lle puxeron al Señor, lévaos a nay afrixida cravados no corason. O mundo doum'un libro; é eu sou tan lerdo, que canto mái-lo estudio méno-lo entendo. Vay logo, é a tua nay dille si me despresa por probe, quro mundo da moitas voltas, que tamen se cân as torres. Quítate d'esa ventana é oye un consello, meniña: rosa que está ben gardada os paxáros non-a pican. Medin c'os ollos o ceo, sondey o fondo d'o mar; mais no corason d'os homes fondo non puden topar. A Dios un abogado lle imita n'esto; Dios fay todo de nada... é el fay un preito. Chistosa, churrusqueiriña, que sal espallando vas; ¿dí cómo espallando tanta non che s'acabou o sal? Queixéchesme cando tiben, xa non teño é das a volta; a campana t'asomellas que, si non lle dan, non toca. Nas ventanas d'esta casa un faro deben poñer, para que naide se estrelle na falsedá de vosté. Despois de feita, Dios quixo poñerch' un lunar por firma; c'o sello d'as gracias suas síñaloute esa cariña. O dia en que ti naceches cayeu do ceo um anaco; cando morras é aló subas, taparáse aquel burato. Un home cantaba un dia, dicind'o seu triste mal, qu'auga no mar non topara si por auga fosse ó mar. O verde dos teus olliños recordan o verde mar: ¡coitado d'aquel qu'os mire si non axeit'a á nadar! Cando d'auguiña saes, cara de estrela, O teu cabelo escuro longo te vela; tal coma un manto, qu'o teu seyo de rosas da dobre encanto. Neste ramo de froles que che presento, verás, lus dos meus ollos, un pensamento. E é, ¡miña xoya! qu'an que tí olvidar sabes de ti s'acordan. No rosal da miña vida loucas illusiós cantaron; o dôr tiroulle unha pedra... ¡ay de min! todas voaron. En este longo deserto moitiños de sede morren; eu triste unha fonte busco... ¡quén sabe donde s'esconde! No-mais q'unha foñte vin, e está sequiña, está soya; nin paxariños lle cantan, nin árbores lle dan sombra. D. Ventura Ruiz Aguilera, Armonias y Cantares, p. 145. Madrid, 1865.

Explore with AITake your curiosity a little further.

Reading settings