← Table of contents
Parnaso portuguez moderno

CANTOS POPULARES GALLEGOS

Reading edition

I NADAL

(Tuy)

Esta noite de Nadal Per ser noite d'alegria, Camiñando vay Xosé A mais a virxen Maria. Camiñan para Belen Para xegaren de dia. Quando a Belen xegaron Toda a xente dormia; Arrimaron-se a unha peña Ó pé d'unha fonte fria. San Xosé foi buscar lumbre, Até lumbre non tragia: —Abre las portas, portero, A Xosé e a Maria. «Estas portas son de ferro, Non s'abren até el dia.» Bajaron anxos del cielo Que rico lumbre tragian. Ap. Romania, t. VI, p. 260—1873.

II A MORTE DE XESUS

(Tuy)

Juebes santo, juebes santo, Tres dias antes de Pascoa, Quando o Redemptor do mundo Por seus disciplos xamaba; Xamaba por un e un, Dous e dous se lle xuntaba. Despois que os tiña xuntos, D'esta maneira fallaba: «Qual de vós, disciplos mios, Quer morir por mi mañana?» Miran uños para otros, Niun lle voltou palabra, Senon San Xuan Bautista, Padricador da montaña. A roda da meia noite Xesus Christo camiñaba; Levaba unha cruz a cuestas De madeira mui pesada; C'unha corda á garganta D'onde os xudeus puxaban: Cada puxon que lle daban Xesus Christo arrodillaba. Xegou ao Monte Calvario, Tres Marias a xorar: Unha era Madalena, Otra era sua irmana, Otra era virxen pura, Que mais passion lle daba; Unha limpaball'os pés, Otra limpaball'a cara, Otra recogia o sangre Que Xesus Christo derrama. O sangre que lle caía Caía en cal sagrado; O home que o bebese Será ben aventurado: N'este mundo será rei No otro santo coronado. Quen esta oracion disera Todos os vernes do anno, Gañaba un canto no cielo. Quen a sabe non a di, Quen a oye no a deprende, Dia do noso xuizo Berás que conto nos ten. Ap. Romania, t. VI, p. 260.

III ROMANCE DE UN MAUREGATO

(Puente de Domingo Florez)

Eu jungin os meus boisiños E leveinos á arada, E no medio do carniño, Acordóuseme a aguillada. Tornei e volvin por ela Topei a porta fechada. —Abreme a porta, muller, Ábreme a porta, malvada. «Eu a porta non cha abro Que estou facendo a colada. Rompin a porta pra dentro Fun por donde acostumaba, Subin pol-a escaleira Para coller a aguillada, Vin estar un gato roxo Debaixo da miña cama. —Que é aquelo, muller, ¿Que é aquelo, malvada? «É o gato do convento Que anda tras da nossa gata. Unha machado collin, Fun a ver se o mataba. «Qué fas, meu home, qué fas? Que a min me bates a cara?» La Galicia, t. IV, 126.

IV ROMANCE PICARESCO

Vou a dar unha voltiña Da sala para a cociña, Que me pareu a muller, Voulle asar unha sardinha. Miña nai aqui ll'estou Desde o dia en que chegamos, Que sin non me lle esquenceu, Non lle estou atribucado, Foille un dia da semana, Do mes do presente ano. Ja lle dixen que no mar Déronnos queijo por rancho, Agua moura por almorzo Cando vimolos gabachos. Eu gomitei como un cocho, Non atravesei bocado, Inda que estribaba os pés Não estaba quedo o barco. Chegamos a Santander, E de cote nos cebaron Con arroz e pan desfeito Por que estabamos muy flacos. Cando gordos estivemos De Santander nos botaron Nun barco que era mui mouro, Era mui mouro aquel barco; Eralle un barco sin velas, E de cote fumegando; Tiña un forno con caldeiras Mais grandes que sete armarios, E unhos ferros daban volta Que iban zumbaleando, E por arte de virloque Ibamos todos andando. Diz que con agua fervendo Amáñan-se estes milagros: Miña nai, faga a esperencia Do que seria este barco Que eu por min teño dementres Que hade ser cousa d'encanto, Que seriam navoyeiros Aqueles homes tiznados. Déalle moitas memorias A Mingucho de Carballo, Á miña prima Marica Que me coide aquel boi branco, E que me garde tamen Por Dios e todolos santos Unha sardiñina femia, Porque acá todos son machos. La Galicia, 89.

A SERRA DO RAÑO

(Cantiga das montañas)

Alta serriña do Raño Ten moitas zarzas e penas, Donde o lobo fai o cocho, E os boutres berran nelas. Esta serra ten seus bosques Onde o lobo fai o cocho, E o corzo e o porco bravo A mais tamen o raposo. Se por ela pasa alguen Pode que se estemoreza, E pode que teña medo Que o lobo se lle apareza. Se certa a ser de noite Aló no mes de janeiro, Cando berra moito a loba Que anda ó casticeiro. Hai que ter un gran coedado Despois que ós corzos lles tiren Que hay ó Ponente un regato Pode ser que pra el biren. Está chea de carballos De uzes e de acibros, Por ali é donde están Os animais escondidos. Ten un calejo pequeño Aló na parte de riba Ali se arman as córdas Cando hai a montaria. Esta serra é moi fria Aló no tempo do inverno, Estan os boutres silvando Co o frio e con o helo. Aló pra beas do Norte Chamanll'o Pico de Vales. É o punto mais bonito Pra tirar ós animales. Pra se o Pico de Vales Máis pra fonte Jandaviña É pra donde o corzo e o porco Polo regular camiña. O calejo que já dixen Donde se arma a montaria Chamanlle Louseira Vélla Donde o lobo mais arrima. Desengaño ós cazadores Se algun hai que ó Raño veña, Que vaya ganar as costas E que se aparte da leña. Pol o Sur de esta serra, Pasa o camiño real: Mirar cando o ladronciño De dentro das uzes sal. Desengaño ó pasageiro Pase por el con coedado, Que nunca tuvo bon nome Esa gran costa do Raño. Porque já non é o primeiro Que d'entre das uzes sal, Por eso algun ladron Sofreo pena corporal. Estamos hoje no siglo Cando houbo un suceson, Que o verdugo puxo ali A cabeça de un ladron. Por estes feitos e crimes Que socederon no Raño, Polo amor que teño á gente Por eso a desengaño. Na cabeceira hai un marco Feito de unha pedra longa, Tres Auntamentos devide Monfero, Arauga, Irijoa. A sua gran fertuniña Devide gran estension, Se algun non o conoce É o marco de Pion.

La Galicia, t. IV, 276.

AS TRES COMADRES

Elas eran tres comadres, E dun barrio todas tres; Juntaron unha merenda. Para ir ó Santo Andrés. Con seconequé, Con el peregil, Con domine és, Con trispilistas, Con domine olé, olé Pola tua fé No souto d'Alberto De Jan Pirulé. Unha puxo trinta óvos, Para cada unha dez; Outra puxo unha empanada, De tres codos a otravés. Con seconequé, etc. Unha dixo: Vou por viño, Comadre, cánto traerei? Trai no máis canado e medio, Para volver outra vez. Con seconequé, etc. Unha dixo pola luna: Mira qué paniño ingrés; Outra dixo polo odre: Mira qué neno sin pés. Con seconequé, etc. Alá pola media noite Ven o marido de Inés, Pau a unha, pau a outra, Pau doulles, a todas tres.

Gallicia, III, 240. Colligidos da tradição popular por José Lopez de la Vega.

SERRANILLA

«Donde le dexas al tu buen amigo? Donde le dexas al tu buen amado? Ay, Juana, cuerpo garrido! Ay, Juana, cuerpo galano! —Muerto le dexo á la orilla del rio, Dexole muerto á la orilla del vaio. Ay, Juana, cuerpo garrido! Ay, Juana, cuerpo galano! «Canto me dás, volver he che le vivo? Canto me dás, volver he che le sano? Ay, Juana, cuerpo garrido! Ay, Juana, cuerpo galano! —Doyche las armas, y doyche el rocino Doyche las armas, y doyche el caballo[64]. Ay, Juana, cuerpo garrido! Ay, Juana, cuerpo galano!

NOTAS DE RODAPÉ:

VILANCENTE DO NADAL

1.º Pastor:—Toquen us gallegos, E canten os cregus; Toca galleguiño, Que nace o deusiño, 2.º Pastor:—Eia, pues, tocae. 3.º Pastor:—Nun queru. 2.º Pastor:— Queru eu, Que Deus pode bir Por bispo de Tuy. 1.º Pastor:—Toquen as gaitas Godois e Xan Ruy. 2.º Pastor:—Ao neno cantáe A Deus festexae, Folgae e folgae! 3.º Pastor:—Nun queru. 2.º Pastor:— Queru eu Que Deus é gallego Que nace entre bois. 1.º Pastor:—Toquen as gaitas Xan Ruy e Godois. Festexae en pas U rei garridiño Que viste d'armiño 2.º Pastor:—Nun cayas a dar Voltas galleguiño, Que chora o deusiño. Todos:—Toquemos, bailemos Xunto adoremos O neno que vemos.

App.º 5 das Trovas e Cantares.

PLEGARIA A SAN ANTONIO

(Provincia de Lugo)

Ana, pariu á Santa Ana, Santa Ana pariu á Virgen, Señora Santa Isabel Pariu á San Juan Bautista: Asin como estas cousiñas son certas, Meu señor San Antoniño de Padua, Eu lle pido é lle suplico Pol o libro en que leeu, Pol o cordon que cingeu, Pol a vision beatifica, Eu lle pido e suplico Que me libre á facendiña De raposo é de raposa, E de can é de cadela, E de lobo é de lobella, Con sete brazas darredor, Meu señor San Antoniño de Padua. Cun padre nuestro é unha ave-maria A miña facendiña Me gobernaria.

Gallicia, IV, 105.

San Antonio bendito, Dádeme un home, Anque me mate Anque m'esfole.

Ap. Cantares gallegos, p. 71.

(De Lugo)

Arre cabaliño, Vamos a Belen, Que mañan é festa. Pasado tamen. Hoje é domingo Mañan dia santo, Y hoje me deito Mañan me levanto. Sale para fóra Cara de macaco, Tiroc'unha pedra, Fagoch'un buraco. Crou, crou, Chocos meus ovos, E logo vou Crou, crou.

Galicia, IV, 107.

—Miñato miñato, «Que levas no plato? «Leite callado. —Quen cho callou? «Marica do rei. —Cala, cala, Que eu llo direi:

PARA AYUNTAR LA CHUVIA

Vaite chuvia, Vente sol, Pol os campos D'arrebol. Que te chama Teu padriño, Para arrolal o miniño, Que che ha de dar, Pan e viño. Cando chove e fai sol Anda o demo por Ferrol, Con un saco dalfileres Para pical as mulleres.

DICHOS COMMUNES

(Paroquia de Sola)

Amiguiñas de Miguel Todas cargadas de mel, E de mel e de maduro, Ribirese don Gregorio del Mulo. —¿Que hai n'aquel tellado? «Un gato desfolado. —¿Qué hai n'aquella artesa? «Unha vella tesa. —¿Qué hai n'aquela horta? «Unha vella morta. —¿Qué hai n'aquel buratiño? «Unha campanilla. —¿E como fai? Tilin, tilin, tilin, tilin[65]. —Meu compadre veu? «Veu. —E que me trouxo? «Un cordonsiño —De que color? «De verde limon. Sopitaipon, de verde limon, Sopitaipon. Miña Santiña, Miña Santasa, Miña cariña De calabasa.

—Que está na rua? «Uma espada nua. —Que está detraz da porta? «Uma velha morta, —Que está n'aquelle ninho? «Um passarinho. —Que está n'aquelle telhado? «Um gato pingado. —Vamos inchotal-o? Sápe! sápe, sápe, sápe! Ei de emprestarbos Os meus pendentes, Ei d'emprestarbos O meu collar: Ei d'emprestarcho Cara bonita Si me deprendes A pentear.

Ap. Cantares Gallegos.

Fun ó muhiño, D'o meu compadre, Fun po-lo vento, Vin pó-lo aire. Isca d'ahi, Galiña maldita, Isca d'ahi Nô me mate-la pinta. Isca d'ahi Galiña ladrona, Isca d'ahi Pra câs de tua dona.

Ibid.

NOTAS DE RODAPÉ:

ADVINACIONES

(Poenteareas)

Chorin, chorin Trás torre andaba, Se a torre caia Chorin se alegraba. Fun ó monte Prantei unha estaca, E o tiroliro Volven para a casa. Vai para o monte Mira pra casa, Ven para casa Mira pro monte. No monte nace, No monte se cria, Chegando á casa Nunca hai alegria. Terra branca, Semente negra, Cinco aradores E unha chabella. Non está nado, Nin por nacer, Non é Dios, E pode ser. Alto pepino Redondo molete, Que chova, que neve, Jamais se derrete. Tacon sobre tacon, E tacon do mismo pano, Si no cho digo chora, Non acertas en un ano. Estudiante lareiro Que estudias tras do lar, ¿Cando t'hei de ver lareiro Dal a volta no altar? Estudiante que estudias No arte da theologia, Dime, ¿que ave é aquella. Que ten peitos e cria? Que cousa é cousa Que ten un dente, E chama por toda a gente? Calza de ferro, Viste de liño, E tirase cun garabulliño? ¿Qué cousa e que sempre anda; E nunca chega á casa de seu dono? Tres pés con croa, Trepia son, tontona? Qué cousa é cousa. Que pon o cu na lousa?

La Gallicia, t. IV, 127.

Mingo, Mingacho Cara de cacho, Bico de ovella ¿Quén che mandou Trebellar co a nena? Agora a nena Está barriguda; Juntall'os ovos Para a paridura.

(Tradição do Valle de Valeije)

Raposo, raposo Do cu piolloso, Non comal'o año De Pedro Castaño, Que vai na riveira Buscal'a manteiga Para a muller Que esta parideira, Na porta da eira Cun fillo varon, Chamado Anton, E entre tamaño Como un perillon.

Galicia, t. IV, p. 6.

(Pueblo de Orense)

Padre nuestro pequeniño Lévame por bo camiño, Aló fun, aló cheguei, Tres Marias encontrei Preguntando por Jesus, E Jesu'staba na cruz, E na cruz e no altar Cos peiños a sangrar; —Ténte, tente Madanela, Non vos veñas lastimar; Que estes son os traballiños Que por vos ei de passar.

Ibid.

Santo que estás no canizo Tira castañas abaixo; Tira das mais graudiñas, Que ás pequenas non me baixo. San Amaro era xastre Pero despois foi ladron, Non houve xastre no mundo. Que non roubase un calzon. Unha vella fixo papas, E o pote botonllas fóra, Hay un ano que foi esto, E ainda hoxe a vella chora. Señor San Juan de ortorio, Feito de pau d'ameneiro, Primo carnal dos meus zocos, Hirman do meu tabaqueiro. A dar fé á un que morrera Foy un escribano torto, Mais él á poder de cruces Fixo parolar ó morto. As costureiras d'ahora, Foron feitas ó sisel; Son amiguiñas dos homes, Como as avellas do mel. O crego foi a o moiño, Meteu a cabeza dentro, Trouxo a fariña na croa, Para facer o formento. O crego foi ó moiño, E caeu da ponte en baixo, Acudi ó crego, nenas, Que vai pol o rio abaixo. Fun esta noite ó moiño, C'un fato de nenas novas, Elas todas en camisa, Eu no medio con cirolas.

MÁRGENES DEL MIÑO

(Salvatierra e Albeos)

Meniña, ti el-o démo, Que me andas atentando; Que no rio, que na fonte, Sempre te encontro lavando. Eu ben cho dixeu, meniña, Eu ben te desengañei, Dixeuche que era casado, ¿Agora qué che farei?

Miña nai ten tres ovellas Todas tres mas ha de dar. Unha cega y outra coxa, Y outra que non pode andar. O casado casa quer, O solteyro no lla dan, O que hade ser casado Ha de saber ganar pan.

Por amor de vosso galo Treydora, mala viciña, Por amor de vosso galo Perdin a miña galiña.

Pol amor da vosa lengoa, (Malo rayo ne la fenda) Pol amor de vosa lengoa Perdin a miña facenda[66].

Moreniño, moreniño, Moreno como unha mora, Non sei que tén o moreno Que a todo o mundo namora. O cura chamoume rosa, Eu tamen lle respondin; Desas rosas, señor cura, Non as ten no seu jardin. A Castilla van os homes, A Castilla por ganar; Castilla queda na terra Para quen quer traballar. Meniña, ponte direita, Que teu pae te quer casar; Ben direitiña me poño, Que me non podo baixar. Sardiñas frescas do mar, Quén che me déra un milleiro, Pantrigo de Rivadavia, Nenas do chan d'Amoeiro. Adios, casa de meu pai, Con tódalas catro esquinas, Que pra min já se acabaron As entradas e salidas. Teño unha nena no Porto, Outra no Riveiro d'Avia; Se a do Porto é bonita A do Riveiro lle gana. O Riveiro é alegre, Polo tempo da vendima, Que a vén faguer alegre As nenas daló d'arriba. Anque son daló d'arriba Anque son da Carrasqueira, Tamen sei bebei o viño Como os guapos da Ribeira. Cuidache porque era probe Que já me tiñas na man; Moitas cerdas ten un cocho E non sai de marran. A lua vae encuberta, Con panos de tafetan; Os ollos que me ben queren, Nesta terra non están. Casaivos, mozos, casaivos, Que as nenas baratas van; Vint'e cinco por un carto, Fiadas hastra o San Juan.

NOTAS DE RODAPÉ:

MÁRGENES DEL SAR

Tócan o tambor na guerra Tócan o moi avivado; ¡Coitadiña da miniña Que ten o amor soldado! ¡Canta rula, canta rula, Canta rula naquelle souto! Coitadiña da que espera Polo que está na man d'outro! Non me mate a pombiña Que está no arró da eira, Non me mates a pombiña, Que foi miña compañeira. Estrelíña do luceiro Dame a tua craridade, Quérolle seguir os pasos, Ó meu galan que se vaye. Heime de embarcar num barco Nun barquiño de papel; Andareime toda a vida, Para ver ó meu Manuel.

SATIRICAS

Miña nai foi-me casar Prometeume bois e vacas, Cando me foi dal-o dote Deume unha cunca de papas, Sale para fóra Cara de macaco, Tiroch' unha pedra, Fagoch' um buraco. Sale para fóra, Deixame pasar, Tua nai é probre Non ten que me dar. A muller de Roquetroque, Non ten faldra na camisa, Si llo sabe Roquetroque, Non se hade ter co a risa. As señoras son bonitas, Porque teñen almidon: ¡Quén mas dera ver na eira Tirando polo ligon! Se ti viras o que eu vin, Indo pol-a carballeira, Vinte e cinco xastres juntos Cosendo n'unha monteira. Se ti viras o que eu vin O gato n'unha ventana Tocando n'um violin. Se ti viras o que eu vin, Na feira de Monterroso, Vinte e cinco estudiantes, A cabalo d'un raposo. Miña nai por me casar Prometeume canto tiña, Cando me foi dal o dote Pagoume c'unha galiña. A cama do crego é boa, Mais no médio tén un ai! A nena que n'ela dorme Ó reino de Dios non vai.

Galicia, III, 242, 43.

Yo traijo tantos dobrones Como en la mano de dedos, Y la brona d'esta tierra No la comerán los perros. Teño tres cartos e medio Mettidos nunh agulleiro, Casa comigo rapaza Que teño moito dinheiro. Tráelo sombreiro torto Bén-o podes pôr direito, Que anque che son moreniña Eu a ti non me sujeito. Se fores a San Amaro San Amaro de Barouta, Se fores a San Amaro Bailarás con pouca-roupa. Bonitiña non cha sou, De fea non teño nada, Non me criou miña nai Para ti, cara lavada. Meu siñor San Adrian É un santo miragroso Pedinll'o un mozo bonito Doum'un barbas de raposo. Eu casar ben me casaba Recear ben o receo, Sinto d'andar preguntando A como val'o centeo. Caseime no mes d'Agosto Porque habia muito pan, O forno de miña sogra Cria o fieito no vran. Ainda che ei de botar unha Inda che ei de botar outra, Inda che ei de botar unha Que che ha de queimal a roupa. Por moiro que te presumas Verbum caro factum és, Non eres branco de cara E eres trenco dos pés. Adios ti, Pontenafonso, Non sei quen te acabará... Trinta anos me levache Flor da miña mocedá! Alalala, lala, lala Alalala, lala, lá.....

Galicia, III, 218.

REDEDOR DE SAN ORENTE

O cantar bergantiñan, O cantar de Bergantiños En Iallas é malhian. Manoeliño do vento, Quen me dera a min saber Donde tel-o pensamento! Tamen o gardar é bo! Sombreiro que o navio leva Era do pai do abó. Jacobiño de Fontan Quen che cobízal a morte Veñall' a sua, mañán. Tomasiña do Gamallo, Se non me caso contigo Nunca me verás casado. Adios meu diamante, Joguei contigo e perdin. O galo canta co o dia Erguete meu ben e vaite; ¿Como me hei d'ir miña vida, Como me hei d'ir e deixarte?

Galicia, III, 98.

Nós d'acá, e vós d'alá Somos tantos como vos; Nos comemos ó carneiro, Os cornos son para vós.

Señora Santa Lucia A do rio do Piñeiro, Tende conta co'a ermita Que non a leve o regueiro. Miña nai doume unha tunda Co aro d'unha peneira, Miña nai tende vergonza Da gente que ven da feira. En ben vin estar ó crego Tendendo nos cuiriños; Dixeu entre Dios e min: Este crego ten miniños. Se queres que vaya é veña, De noite pol o lugar, Manda cerrar a cadela Que non fai sinon ladrar. O crego cando namora Logo promete almendriñas; Namorai, namorai cregos, Que vos nasan as nacidas. Hei de vír e hei de ir Fala no cha hei de dar; Heite de facer moer, Como os barqueiros no mar. Eu arrolei a miniña Eu arrolei o amor, Eu arrolei a rapoza Outro levoulle o mellor. Antoniño, Antoniño, Antoniño, meu amor, Antoniño queridiño, ¿Quén che levou o color? Antoniño, gaxo de uvas, Vámoste depenicar, Eres amigo das mozas Tua nai vaite matar. A miña muller é bella De bella non hade andar; Heina de por de cancela No portelo do lugar. O zapato quel a media, A media quel o zapato, Tamen á guapa meniña Quer un rapaciño guapo. Asnos de vir á ver, Asnos de vir á buscar, Cantararnos, tocararnos Sacararnos á bailar. Manuel, Manueliño, Manuel feito de cera, ¿Quen me dera ser o lume Que á Manuel derretera. As mulleres que son boas Dios lle dé boa fortuna; Sarna con dolor de moas, Ortigas pol a cintura. Heicho de dar quiridiña Heicho de dar que o teño, Heicho de dar queridiña, O anillo do meu dedo. Mariquiña da forneira Onte tua nai coceu, Dame un bocado de bola Pol a nai que te pareu. Mariquiña da forneira Se coceres faíme un bolo, Se mo fai, faimo de trigo, Que centeo non cho como. Arriba pandero roto, Arriba manta mollada, Que donde estámol os homes As nenas non valen nada. Meniña, dille á teu pai Que se veña ver conmigo, Tanto é o que me debe, Que non me paga contigo. Aloméame, aloméa Estrelliña, da fertura, Aloméame, aloméa Mentras que non ven a lua. Non chas quero, non chas quero Navizas do teu naval; Non chas quero, non chas quero, Que me poden facer mal. Catro aves escollidas Son as que pasan o mar, O cuco e a golondrina, A rula e o paspallás. A muller que ha de ser miña Ha de ter o cu de pau, A barriga de cortizo E o nariz de bacaláo. A miña muller é bella, Heille de sacar o coiro, Para facer un pandeiro Para correr o antroido. Amoriño non desprecies O probe pol o non ter, Que o rico pode faltar, E o probe non te querer. Teño unha vaca á ganancia Que me deu o vinculeiro, Mais sobre todo, rapaza, Teñoche moito diñeiro. Achegate, dalle un bico En señal de casamento; Achegate que é ben rico Non no deixes descontento. Baila quedo, baila quedo, Non me raches o mantelo, Coidaches que era de pana E echo de terciopelo. Mellor quero ser pereira E dar peras e reperas, Do que ser a dama d'un xastre Que non ten sinon gadellas. Catro cartos para pan, Tres e medio para viño, Un carto para tabaco Alá bai un realiño. O primeiro amor que eu teña Hade ser d'un militar; Que anque non teña diñeiro Ten un polidiño andar. Alá arriba non sei donde Dicen hay non sei que santo, etc. Indo eu non sei por donde Encontrei non sei con quen, Na porta do xame esquence, Non llo digas á nínguen. Vinde ver o dote Que me dou meu sogro, Unha cabra cega E un carnero tolo. Rapaciños de Castilla Tratade ben os gallegos; Cando van, van como rosas, Cando ven, ven como negros.

Galicia, IV, 109.

Tocan o tambor na guerra, Tócano mui avivado; ¡Ai probiña da miniña Que ten o amor soldado. Vexo Vigo, vexo Cangas, Tamen vexo a Redondela; Vexo a ponte de San Payo, Camiño da miña terra. Non hay cantiga no mundo, Que non teña seu refran, Nunca ningueu faga conta Senon do que ten na man[67]. As de cantar Que ch'ei de dar zonchos; As de cantar Que ch'ei de dar moitos. O meu corazon che mando, C'unha chave par'o abrir, Nin eu teño mais que darche, Nin ti mais que me pedir. Cantan os galos pr'o dia, Érgue-te, meu ben, e vaite. —Como m'ei d'ir, queridiña, Como m'ei d'ir e deixarte? Nosa Señora da Barca Ten o tellado de pedra; Ben o pudera ter d'ouro, Miña Virxe, si quixera. Con esta miña gaitiña As nenas ei d'enganar, Non sean elas toliñas, Non veñan ô meu tocar. Adios rios, adios fontes, Adios regatos pequenos, Adios vista dos meus ollos, Non sei cando nos veremos. Eu ben vin estar o moucho Enriba d'aquel penedo: Non che teño medo, moucho, Moucho, non che teño medo! Anque ché son da montaña, Anque ché son montañesa, Anque ché son, non me pesa. Si ó mar tibera barandas Forate ver á o Brasil; Mais ó mar ten barandas, Amor meu, por dond'ei d'ir? Hora, meu meniño, hora, Quen vos ha de dar á teta? Si tua nay vay no muhiño, E teu pai na leña seca? Mais ó que ben quixo un dia, Si a querer ten aficion, Sempre lle queda unha magoa Dentro do seu coraçon. Á rula que viudou Xurou de non ser casada, Nin pousar en ramo verde, Nin beber d'augua crara. Ahi tés ó meu coraçon Si ó queres matar ben podes, Pero como estás ti dentro, Tamen sí ti ó matas, mórres. Como chove mihudiño Como mihudiño chove; Póla banda de Laiño, Póla banda de Lestrobe. Miña santa Margarida, Miña Margarida santa, Tendes a casa no monte, Donde ó paxariño canta.

Ap. Cantares gallegos.

Non quero zapatos curtos Porque s'enterran n'aréa, Non quero amores d'afóra Porque xa os teño na aldeã.

NOTAS DE RODAPÉ:

FIM.

Notes in this chapter

Explore with AITake your curiosity a little further.

Reading settings