Note 2 — XXXII
Reading edition
As virtudes verdadeiramente evanxélicas d’ este cabaleiro, tan amado d’ os que ó conoceron, inspiráronme un libro, que non tarderey en publicalo con ó titulo de Historia de mi abuelo. Nel rindo un tributo d’ adimiración e amor á aquel cuya mayor sabiduría consisteu sempre en facer ó ben á ollos cerrados e con man cariñosa.