Note 1 — XXV
Reading edition
Eu ben sei qu’ en rigor estas octavas non son en maneira algunha á glosa d’ un cantar, e que mellor e con máis propiedade podía chamarse conto; pero como pó-lo d’ ahora non penso facer en gallego nengún libro de contos póñoo aquí, unha vez que nestes cantares tratei de pintar as costumes d’ os nosos probes aldeáns, e sirven estas octavas prá dar á conocer unha d’ as máis antiguas e máis usadas. Sempre me conmoveu o relato de este conto sencillo, patriarcal, e por eso decidinme á versificalo, contando c’ á benevolencia d’ os lectores. ¡Son tantos os desdichados á quen nas nosas aldeas non se ofrece á proba do porco, e que soñan có día en que, como Vidal, poidan decir á os seus avaros veciños: Adiante c’ ó varal!...